Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Grazas, presidenta. Señor Puente, vou cometer unha extravagancia parlamentaria. Vou dedicar a miña intervención a falar do tema que hoxe nos trae aquí, porque a min si que me interesa o que pasa no meu país. Obviamente, SUMAR comparte boa parte do que nos dixo hoxe aquí; de forma especial o enorme esforzo económico que está a facer o goberno de coalición do Partido Socialista e de SUMAR para aliviar a inaceptable carga que soportan os usuarios da Autoestrada do Atlántico. Nunca antes ningún Goberno puxo tantos recursos públicos para bonificar as abusivas peaxes que cobra a empresa privada que explota a AP 9. Pero tamén, señor Puente, neste punto temos unha diferenza. Bonificar peaxes con fondos públicos é, sen dúbida, un alivio para os usuarios, pero non soluciona o problema, porque o problema é a anomalía de que unha empresa privada, propiedade de fondos de inversión multinacionais -holandeses e norteamericanos- explote o eixo que articula territorialmente Galicia, o meu país. Explotar no dobre sentido da palabra: a concesión e a cidadanía.»
Fragmento 1 de 11 de esta intervención.