Datos INE

29N · faltan 25 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«Señor Puente, a empresa recoñeceu nas súas contas públicas que dende agora ata o ano 2048 vai cobrar peaxes por un importe de 9526 millóns de euros, 10 000 millóns de euros en peaxes ata que remate o período da concesión, escrito nas contas públicas do plan financeiro da empresa. Coa ratio actual de beneficios sobre ingresos, a empresa vai embolsarse 5000 millóns de euros en beneficios. É inaceptable, é unha obscenidade. Son beneficios desproporcionados que só se poden explicar porque a empresa explota en réxime de monopolio a única vía que articula o transporte por estrada en Galicia. Se garantiza un elevado nivel de usuarios a pesares de que cobra peaxes, como vostede dixo, as máis altas do Estado e claramente abusivas. Por iso, SUMAR cremos que a solución é recuperar para o público a Autoestrada do Atlántico. Non hai outra solución para acabar co espolio. E quero darlle a benvida a o señor Celso Delgado, brillante deputado do Partido Popular, por incorporarse a este novo consenso do rescate da AP 9»

Fragmento 2 de 11 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.