Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Señor Puente, non é casualidade -atento a isto que lle vou dicir- que a autorización de concesións para explotar autoestradas de peaxe en España só se fixera con Franco e con Aznar. E tampouco é unha casualidade que dende o ano 2018 non se prorrogara ningunha das concesións que foron vencendo, de tal forma -como dixo vostede- que 1029 quilómetros de autoestrada de peaxe pasaron a ser xestionados polo Estado. Por certo, que o Estado tamén tivo que rescatar da quebra as nove autoestradas que foron licitadas por Aznar e que tiveron un custo próximo aos 4000 millóns de euros de recursos públicos. Vou determe aquí. A relación de Aznar coas autoestradas é tan sinistra como o propio personaxe, porque foi un Goberno de Aznar o que prorrogou por vinte e cinco anos a concesión da AP 9, que xa debería ser pública e sen peaxes dende agosto do ano pasado; unha prórroga da concesión que hoxe xa sabemos que, ademais de inxusta, foi ilegal, tal como entende a Comisión Europea.»
Fragmento 4 de 11 de esta intervención.