Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Vou citar de forma literal dúas frases da carta de emprazamento que lle dirixiu a vostede a Comisión Europea o 24 de abril deste ano. A primeira di: Al modificar y prolongar durante veinticinco años la concesión de la autopista AP-9, el Reino de España infringió los principios generales de igualdad de trato y de transparencia. A segunda é aínda máis explícita contra o Goberno de Aznar. Literalmente: El verdadero objetivo de la prórroga de la AP-9 por veinticinco años era aumentar sustancialmente su valor para conseguir una venta futura más rentable. Porque pasaron xa vinte e cinco anos e isto está prescrito, pero sen ningunha dúbida o expresidente Aznar merecíase unha investigación por presunta corrupción por estas decisións. Para terminar, voume referir a un tema que se debateu hoxe aquí e noutra moción, que é o prezo que suporía recuperar para o público a Autoestrada do Atlántico. Existen metodoloxías diferentes para valorar unha compañía, pero, en realidade, unha compañía o que ten é un prezo de mercado que determina por cantos cartos está disposto a vendela o seu propietario e canto está disposto a pagar os que a queren comprar. E o sabemos, señor Puente, porque dende o ano 2016 producíronse múltiples operacións societarias en Itínere, que é o grupo onde está integrado Audasa, e, de todas elas, a valoración do total de Itínere, a empresa matriz de Audasa, está entre 1300 e 1500 millóns de euros. Como Audasa, a Autopista do Atlántico, apenas é o 60 % do grupo Itínere, o valor de mercado que ten a autoestrada está entre 780 e 900 millóns de euros.»
Fragmento 5 de 11 de esta intervención.