Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Grazas, presidenta, señorías, ministro. A verdade, señor Delgado, que defraudoume vostede, non? Porque a verdade é que sacar a corrupción neste debate dá unha idea cabal de dúas cousas: do pouco que lle importa a corrupción no seu partido político e do pouco que lle importa tamén Galicia porque, señorías, vostede O coñece, pero sabe que eu veño, eu veño dunha provincia onde o Partido Popular, nomeadamente a presidenta provincial do Partido Popular en Lugo, por orde do señor Feijóo, levou ao xulgado anónimos falsos para acabar coa carreira política dos seus adversarios. E aquí, señorías, vailles acontecer o mesmo que aconteceu alí en Galicia, que a vostedes se lles caerán todas as falsidades que difunden a diario e dígolles unha cousa máis, coma sempre, non pedirán perdón polas súas mentiras. Estamos máis que acostumados, pero a verdade é que xa sabemos como actúan vostedes e como actuamos nós, ante os supostos casos de corrupción. Miren, onte, o señor Puig, o que eu lle teño grande aprecio, dicía que non quería falar de cronoloxía dos feitos e que quería falar de quilometraxe; é verdade que levamos percorrido moitos quilómetros no debate da transferencia da AP-9, pero é verdade é que hai que poñer tamén unha cronoloxía a estes feitos e falar da hipocrisía do Partido Popular, e nomeadamente do señor Feijóo, co tema que ten que ver coa AP-9.»
Fragmento 1 de 7 de esta intervención.