Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Grazas, presidenta. Boas tardes, señorías. A verdade é que claro, o voceiro de Vox descoñece a realidade de Galicia, pero dicirlle que a alta velocidade non se para en Ourense, que chega ata Santiago. Eu quero hoxe agradecerlle ao señor Rego que traia esta moción a este pleno para poder debater do que realmente xa está a facer este goberno. Quero agradecerlle ao señor Rego de que pasara de só poñer deberes a este goberno a recoñecer os feitos e os avances que se teñen feito por parte deste goberno. Porque vostede na súa propia moción fala de rematar, continuar e completar, polo tanto, hoxe tamén o BNG, con esta moción, está recoñecer que cando gobernamos os socialistas a Galicia vaille ben. Pero quero dicirlle, señor Rego, que vostedes queren patrimonializar un acordo de investidura que é de 2. E aí tamén estivemos os socialistas de Galicia e intentan patrimonializar incluso ata o que non está no propio acordo. Pero a realidade imponse e a Galicia vaille ben cando goberna o Partido Socialista e vaille moi mal cando goberna o Partido Popular. Incluso cando había nestes momentos un presidente do Goberno e unha ministra que eran galegas, cando goberna o Partido Popular, como en Galicia, na nosa comunidade autónoma, impoñen unha Galicia de dúas velocidades, a dos privilexios e a dos olvidados, tamén no eido das infraestruturas.»
Fragmento 1 de 8 de esta intervención.