Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Polo tanto, claro que é bo ter un goberno que afronta inversións e que afronta tamén reformas que son tan necesarias para Galicia. Galicia con acordos ou sen acordos, sempre avanza e gaña con presidentes socialistas. E só algunhas, só algúns exemplos. A chegada do AVE a Galicia cando presidía o goberno Pedro Sánchez, que poidamos chegar de Santiago a Madrid en tres horas, ou vostede falaba dese estudo de cercanías que, como dicía o outro día o propio ministro está a piques de rematarse e rematarase ao longo deste ano 2025, presentarase a comezos do ano 2026. É certo que xa se avanzaron algunhas liñas de actuación dese estudo, esas catro zonas que xa coñecemos: a da Coruña, a de Vigo, a Liña atlántica e a liña interior e tamén esa complementaria para o tecido de ancho métrico. Pero aquí tamén quero poñer en valor o traballo dos socialistas galegos para que Galicia conte con cercanías, porque non é certo que só o BNG puxo na axenda política esa necesidade de mercancías e que xa ve no ano 2007 sendo presidente da Xunta de Galicia o señor Touriño propoñía e demandaba que canto antes se creara en Galicia un sistema de ferrocarril de cercanías, xa no ano 2007, os socialistas galegos.»
Fragmento 2 de 8 de esta intervención.