Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Vostede falaba do corredor Atlántico. Eu quero recordarlle que por primeira vez este goberno puxo o mesmo orzamento para o Corredor Atlántico que para o Corredor Mediterráneo. E vostede coma min recordará que cando había un presidente do Goberno que era galego e unha ministra, o ramal galego que conectaba co corredor Atlántico quedaba fóra e ese ramal galego conectou co Corredor Atlántico. Cando Pedro Sánchez chegou á presidencia do Goberno. E quero tamén reivindicar esa electrificación da vía Lugo, Monforte, Ourense. Inversión histórica de máis de 650 millóns de euros, que é o paso previo para poder ter conexión coa alta velocidade ou o estudo da saída sur de Vigo ou ese estudo tamén para a conexión Lugo-Santiago ou tamén todos os avances que se teñen dado nas estacións intermodais da nosa comunidade autónoma. Recoñecemos que se teñen dado moitos avances, pero tamén hai que seguir traballando, investindo e facendo obras porque a situación, o punto de partida que nos deixou o Partido Popular por todos sabemos con eses mínimos históricos de inversión cales eran. Polo tanto, recoñecemos os avances, pero tamén escoitamos aos veciños e as veciñas, as súas reivindicacións, as súas necesidades e por elo con ese afán totalmente construtivo, presentamos a nosa emenda que agardamos sexa valorada polo Bloque Nacionalista Galego.»
Fragmento 3 de 8 de esta intervención.