Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Non me corresponde a min aceptar ou non a emenda do Partido Popular, pero a emenda do Partido Popular é unha mostra máis do cinismo e da hipocrisía política do Partido Popular. Aqueles que se dedicaron a boicotear, a meter nun caixón os proxectos xa aprobados por gobernos socialistas anteriores e os que se cansaron e que non se cansaron, perdón, de meter dúbidas sobre a chegada dos avances no ferrocarril a Galicia, aqueles que mantiñan a boca pechada cando gobernaba o Partido Popular piden agora todo e máis nun tempo récord a un goberno progresista. E quero recordar quero recordar. Quero recordar que o propio señor Núñez Feijóo poñía en dúbida que no ano 2021 Galicia contara co AVE. E aí estivo no decembro do ano 2021 a chegada do AVE a Galicia e por certo, o señor Feijóo estaba aí nesa inauguración. Polo tanto, os datos e os feitos están aí avalan a xestión en materia ferroviaria en Galicia por parte deste goberno e, remato presidenta, a Galicia e o sistema ferroviario galego séntalle ben Pedro Sánchez, Galicia avanza cando o PSOE goberna.»
Fragmento 4 de 8 de esta intervención.