Datos INE

29N · faltan 25 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«Boa tarde. Esta PNL propón transferir á Xunta de Galicia os activos que a Sareb ten no noso país. Unha proposta similar xa foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia, foi en setembro de 2023, polo que agora debería ter pouca discusión. En SUMAR estamos de acordo. Temos presentado unha emenda para que a Xunta de Galicia faga partícipe ás corporacións locais na xestión dos activos transferidos. Falemos da Sareb e da situación da vivenda en Galicia. A Sareb foi unha auténtica estafa, outra máis do goberno de Rajoy, cando se creou en novembro de 2012 o entón ministro de economía, Luís de Guindos, asegurou que non tería ningún custe público aínda máis no plan de negocio presentado polo FROB se decía que ía ter unha rendibilidade do 15 % sobre os seus recursos propios. Pasaron máis de 14 anos e hoxe sabemos a verdade: a Sareb custou máis de 45 000 millóns de recursos públicos, a Sareb serviulle á banca para desfacerse dos seus activos inmobiliarios tóxicos. Outra vez beneficios privados pagados con diñeiro público. Foi parte da estafa do rescate da banca. Nos dixeron que recuperariamos todos os cartos do rescate, pero a realidade é que nos custou máis de 100 000 millóns de euros, aínda máis, se sumamos o custe da Sareb, de 45 000 millóns de euros e o custe do rescate a cidadanía española ten posto 150 000 millóns de euros en sanear a banca española, unha auténtica estafa.»

Fragmento 1 de 6 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.