29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«SUMAR apoia esta transferencia, pero nos facemos, señor Rego, poucas ilusións sobre a que a Xunta de Galicia vai facer con estes activos que vai recibir porque a política de vivenda da Xunta de Galicia é un absoluto fracaso. Saben cantas vivendas con algún tipo de protección pública se remataron en Galicia no ano 2015? 2. Non é un erro meu nin de quen estea escoitando o pinganillo é un erro da tradución. 2 vivendas no ano 2015. E non foi unha excepción, no ano 2017 se construíron 12 e no ano 2018 baixaron a 8 e en 2019 se fixeron 4 vivendas. Esta foi a lexislatura, a segunda lexislatura de Feijoo como presidente. É difícil de crer, pero estas son as cifras que figuran nas estatísticas oficiais e co presidente Rueda á fronte da Xunta o balance sigue sendo igual de desastroso: en 2023 se terminaron 18 vivendas protexidas e en 2024, malia que a vivenda xa é o centro da preocupación da cidadanía galega, se remataron 5 vivendas protexidas, 5 en toda Galicia en todo un ano.»

Fragmento 2 de 6 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.