Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«O balance da política de vivenda do Partido Popular en Galicia é desastroso. Nos últimos 10 anos entre 2015 e 2024 se construíron tan só 760 vivendas con algún tipo de protección pública, nin sequera todas VPO. Pero vou facer unha comparación á que lle fixo referencia ao señor Rego cando Emilio Pérez Touriño, o socialista Emilio Pérez Touriño foi presidente da Xunta de Galicia e finalizaron 14 000 vivendas de protección pública en 4 anos, en 10 anos do Partido Popular, 760. Para que non haxa dúbidas de quen ten a responsabilidade en materia de vivenda porque este é o vello truco do Partido Popular, vou ler o artigo 27 do noso Estatuto de Autonomía: 'corresponde á comunidade autónoma galega a competencia exclusiva da ordenación do territorio, o urbanismo e a vivenda'. Remato. Espero que aprobemos hoxe este pequeno paso, pero para enfrontar o gravísimo problema social da vivenda hai que ir moito máis alá. Hai que aumentar o parque de vivenda pública. Temos que topar os prezos dos alugueres e temos que impedir as compras especulativas. As casas son para vivir e non son para especular.»
Fragmento 3 de 6 de esta intervención.