Verónica Martínez BarberoSumar
Diputada
«Moitas grazas, presidenta. Señorías, hoxe neste punto do pleno estamos a falar de que vida queremos vivir, de que sociedade queremos e defendemos, unha na que os beneficios empresariais sexan a única vara de medir ou unha na que o sexa a distribución da riqueza, os coidados, a felicidade ou a liberdade. Disto vai a redución da xornada laboral. Este debate non é novo, é unha reivindicación histórica do movemento obreiro que pronto entendeu que a riqueza duns poucos levántase sobre a explotación da forza de traballo dos corpos e do tempo das maiorías. Pero ao mesmo tempo é unha cuestión profundamente contemporánea. A redución da xornada laboral hoxe é unha demanda da maioría da sociedade, incluídas as persoas que deron o seu voto a unhas dereitas que as traizoaron. Si, porque fai só unhas semanas, neste mesmo hemiciclo houbo unha alianza das dereitas en defensa dos intereses do capital fronte aos dereitos de 12 millóns de persoas traballadoras. Dixémolo entón e repetímolo agora: a redución da xornada laboral sen redución do salario vai ser unha realidade.»
Fragmento 1 de 10 de esta intervención.