Verónica Martínez BarberoSumar
Diputada
«Señorías, pasaron máis de catro décadas desde que se fixou a xornada máxima de 40 horas semanais e neste tempo todo mudou. A nosa economía é outra, a nosa sociedade tamén, como ben sabe o señor Rego Galicia é un exemplo dese cambio. Fai 50 anos na antiga Citroen, Vigo, necesitábanse horas para a ensamblaxe de un só coche e hoxe na chamada Stellantis tárdanse segundos. Esa redución do tempo de traballo de produción xera uns beneficios extraordinarios, unha riqueza que ha de ser distribuída en mellores salarios e en menos tempo de traballo. Pero que é o que ocorre? Xusto o contrario. A realidade segue sendo que a maioría das galegas e galegos traballan máis horas das que deberían e isto ten rostro, os rostros das mulleres e homes curtidos na industria, na pesca, na limpeza, nos servizos, na seca e na agricultura. O rostro da mocidade galega, o rostro das que sosteñen a economía invisible, as SAF, as empregadas do fogar, as traballadoras das residencias. E falo de Galicia porque hoxe a proposta vén de alí, pero esta realidade é tamén dos andaluces, dos valenciáns, dos madrileños, das aragonesas ou das castelán-leonesas.»
Fragmento 2 de 10 de esta intervención.