Verónica Martínez BarberoSumar
Diputada
«E déixenme que engada unha cousa: nós somos firmes defensoras do diálogo social, crémolo e practicámolo continuamente. Non nos levantamos da mesa, tentamos chegar a acordos ata o último minuto, pero que ninguén se equivoque ou se chegue a enganos, isto non significa que renunciemos aos nosos horizontes porque en SUMAR non aspiramos ás 37,5 horas, nin sequera ás 35, o noso horizonte vai aínda máis aló. Dixémolo hai máis de 2 anos en xullo de 2023, o noso obxectivo son as 32 horas semanais de traballo sen redución do salario. Se hai algo que sabemos en Galicia é que os dereitos non se herdan, os dereitos se conquistan, pero señorías, señor Rego, tamén sabemos que estas políticas necesitan forza institucional para materializarse, necesitan capacidade de goberno, e en Galicia esa capacidade aínda non se alcanzou. Dicímolo coa serenidade de quen ten os pés na terra. Sen SUMAR non haberá cambio en Galicia. Xa o vimos e xa o vivimos. As dereitas non se derrotan só con vontade ou con identidade, senón con consensos amplos e transformadores, así que celebremos hoxe este debate como que é un sinal de madurez política e de converxencia real, porque se algo demostrou SUMAR no Goberno do Estado é que cando se goberna con valentía os dereitos avanzan. E Galicia merece iso, Galicia merece avanzar con traballo digno, con tempo para vivir, cun goberno progresista que sume de verdade para todas e todos.»
Fragmento 5 de 10 de esta intervención.