Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Grazas, presidenta. Boas tardes, señorías. Xa se dixeron aquí todos os datos que avalan a importancia do sector pesqueiro na nosa comunidade autónoma, polo volume de facturación, polo volume de capturas e tamén polo número de buques. Podemos concordar en moitos dos puntos da moción do Bloque Nacionalista Galego. Eu quero incidir nalgúns, porque claro, por exemplo, falaba tamén o compañeiro de SUMAR da proposta que fai o Bloque Nacionalista Galego sobre a rebaixa do IVE. A verdade é que nos parece un pouco incongruente que parta dunha forza política progresista e ademais queremos ver tamén o que vai facer o Partido Popular neste punto, porque outro grao máis de cinismo por parte do Partido Popular, porque realmente quen subiu o IVE a estes alimentos foi o Partido Popular, por moito que diga que non a señora Quintana. E claro, hai tamén algunha proposta do Bloque Nacionalista Galego que non sei moi ben se por erro ou por descoñecemento e que non poderemos apoiar, que é ese aumento de TAC no stock da sardiña, porque vostede coma min saberá que a sardiña non está suxeita a TAC.»
Fragmento 1 de 9 de esta intervención.