Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«E vostede falaba de que era necesario que o goberno recorrera a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que avala a prohibición de pesca con artes de fondo nesas 87 zonas. Vostede deixou caer aquí que foi hoxe cando se coñeceu que por parte do goberno se presentaba ese recurso de casación. Eu quero dicirlle que xa en xullo deste ano se coñecía ese recurso de casación que estaba interposto polo goberno contra esa sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea alegando que non se valoraron adecuadamente os efectos socioeconómicos, nin tampouco o principio de sostenibilidade integral da política pesqueira común. E ademais, paralelamente España mantén unha actitude dialogante coa comisión en busca do apoio tamén doutros Estados membros para excluír o palangre de fondo destas prohibicións. Pero quero recordar neste punto a traxectoria xa do ministro Planas, porque os feitos están aí, porque quero recordar que xa no ano 2022 cando a Comisión Europea fixo esta proposta para prohibir as artes de fondo nestas 87 zonas foi precisamente o ministro Planas o que abandeirou ante as institucións comunitarias o rexeitamento da proposta da Comisión Europea e despois foron engadíndose outros Estados membros e cumprindo co compromiso co sector pesqueiro español e, dende logo, tamén co sector pesqueiro galego, este goberno presentou o recurso xa contra aquela decisión da Comisión Europea.»
Fragmento 2 de 9 de esta intervención.