Datos INE

29N · faltan 25 días

Patricia Otero RodríguezPSOE

Diputada

«E que fixo o Goberno galego? Que fixo a Xunta de Galicia? Que fixo a conselleira do mar? Que fixo vostede, señora Quintana, que hoxe dicía aquí nesta cámara que o goberno do Estado dicía unha cousa e facía a contraria? Vostede mesmo a min no Parlamento de Galicia me dixo: 'a Xunta de Galicia vai a presentar ese recurso contra a decisión da Comisión Europea presénteo ou non presente o goberno de España enganou unha vez máis o sector. Vostede dixo que o faría independentemente e a Xunta de Galicia non presentou ese recurso, señora Quintana. Mira, señora Quintana, vostede dicíanos que o PP leva a pesca nas súas siglas. Si, claro, si, claro, é que levan anos pescando no mar dos bulos e das mentiras e a verdade é que nunca soltan a caña. Precisamente hoxe, señorías do Partido Popular, que nos enteramos dunha nova mentira máis do señor Feijóo: 'Mazón me ha tenido informado en tiempo real'. Verguenza, señorías del Partido Popular y verguenza del señor Núñez Feijóo. O que temos claro, vostede o dicía que o levaban as súas siglas, o que temos claro en Galicia e que vostedes non son o partido do mar como vostede dicía, non, vostedes son o partido da narco-lancha que se asemellan vostedes ao mar.»

Fragmento 3 de 9 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.