Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Miren, señorías do Partido Popular, vostedes están intentando pasar a responsabilidade dunha posible rebaixa dos fondos da nova PAC e do Fempa ao goberno de España e a única comisaria española progresista que hai na Comisión Europea. Eu quero recordarlle, señorías do Partido Popular, que a maioría da Comisión Europea e do Parlamento Europeo son do Partido Popular, que o comisario de Agricultura europeo é do Partido Popular, que o comisario de Pesca europeo é do Partido Popular. Polo tanto, teñen moito traballo que facer vostedes cos seus colegas europeos e teñen tamén moito traballo que facer vostedes cos seus presidentes autonómicos, porque eles tamén teñen moito traballo para poder reverter estas propostas da Comisión Europea e porque eu quero tamén recordarlle que fixo o señor Rueda, pois na nosa comunidade autónoma. O Señor Rueda foi a Bruxelas, si, dende logo, non para defender que non se recorte en fondos nin da PAC nin do Fempa, colleu unha semana de sobrevaloradas vacacións, incluso suspendendo un pleno do Parlamento de Galicia, pero non para defender nin a nosa pesca, nin tampouco os nosos agricultores e gandeiros. Por iso eu hoxe volvo a pedirlles unha fronte común. Volvo a chamar á unidade de tódolos grupos para defender os intereses de España e tamén de Galicia nesa negociación do marco financeiro plurianual.»
Fragmento 4 de 9 de esta intervención.