Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Boa tarde. Agradecemos esta iniciativa do BNG porque nos permite debater dun tema relevante, aínda que non o pareza, como é o sistema de financiamento autonómico. Pero temos que dicir, señor Rego, que non existe ningún estudo académico que avale que o sistema de cupo sexa beneficioso para o noso país, para Galicia. De feito, todos os existentes que simulan este escenario cun mínimo de rigor din que sería prexudicial para o noso país. E nós, como SUMAR, estamos para defender os intereses de Galicia, non para empeorar o seu funcionamento. É un debate complexo, pero cunha liña básica se pode entender. Galicia ten unha menor capacidade de recadación fiscal e unhas maiores necesidades de gasto, tal e como se reflicte na propia moción do BNG. Temos unha menor capacidade de recadación porque o PIB por habitante de Galicia apenas chega ao 90 % da media do Estado e temos maiores necesidades de gasto porque a dispersión e o envellecemento, entre outros factores, encarecen ata o 10 % o custe da prestación dos servizos públicos de Galicia. Este diferencial de case 20 puntos entre a menor capacidade para recadar e a maior necesidade para gastar fan que o sistema do cupo sexa nefasto para Galicia.»
Fragmento 1 de 3 de esta intervención.