Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Son 3200 millóns de euros máis dende que mudou o goberno de España. Máis ingresos, porque nestes anos a expansión da economía e do emprego, a mellora das rendas, o incremento do consumo das familias e os maiores beneficios empresariais incrementaron de forma significativa as bases impoñibles de todas as figuras tributarias. O Partido Popular fala de 'infierno fiscal', pero a realidade é que as comunidades autónomas nas que goberna beneficiáronse de forma extraordinaria destes maiores ingresos porque as comunidades autónomas se quedan co 50 % da recadación fiscal do IRPF, do IVE e do 58 % dos impostos especiais. Por xeralizalo, as comunidades autónomas de réxime común pasaron de xestionar 100 000 millóns de euros no ano 2018 a xestionar -atención- 150 000 millóns de euros no ano 2025, 50 000 millóns de euros máis cada ano, porque esa cifra de 300 000 millóns de euros ten algo de truco. 50 000 millóns de euros cada ano que dispoñen máis as comunidades autónomas dende que SUMAR e o Partido Socialista compartimos goberno.»
Fragmento 1 de 4 de esta intervención.