29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«Por iso, a cidadanía galega e en realidade a de todas as comunidades debería facerse esta pregunta: como é posible que tendo os maiores recursos de toda a súa historia os servizos públicos que presta a Xunta de Galicia empeoran día a día? Eu teño unha resposta: privatización, mala xestión e corrupción. E tamén teño nomes: Quirón e Ribeira Saúde, porque tamén os seus tentáculos chegan a Galicia. O grupo plurinacional de SUMAR considera que reformar o sistema de financiamento autonómico é urxente. Unha reforma que mellore a autonomía financeira e a capacidade de autogoberno; unha reforma que recoñeza un mecanismo institucional bilateral para Galicia como país coas nosas problemáticas específicas; un sistema que recoñeza e resolva as singularidades de todas as comunidades autónomas do réxime común; un sistema que remate coa infra financiación, que pondere de forma correcta -e niso estamos totalmente de acordo co que dixo o señor Rego- a dispersión e o envellecemento, que achegue máis recursos a través dunha profunda reforma fiscal; un sistema que avance en clave federal, garantindo a equidade e a suficiencia do sistema á vez que impide o dumping fiscal baseado en agasallos fiscais para máis ricos, como fan moitas comunidades autónomas, non só de Madrid, senón tamén a de Galicia.»

Fragmento 2 de 4 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.