Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Con todo, o Partido Popular está en contra. O PP e VOX. A ultradereita é normal, porque se puidese acabaría co estado das autonomías volvendo ao uniformismo do franquismo. Máis difícil entender a oposición do Partido Popular. Dándolle voltas só se me ocorre unha explicación e é que moito máis doado criticar que gobernar. En realidade, a Xunta de Galicia prefire seguir, a Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular, prefire demandar ao goberno central que bonifique peaxes, os cartos do Estado, en vez de asumir a propia responsabilidade e a vertixe de gobernar. Vou dar un dato dende 2009, con Feijoo primeiro e Rueda despois, a Xunta de Galicia só asumiu unha nova competencia, unha nova competencia transferida en 17 anos de goberno. Este é o balance da ambición autonomista do Partido Popular de Galicia. Porén, SUMAR considera que a transferencia da competencia é unha medida necesaria pero claramente insuficiente para abordar o problema das peaxes, o verdadeiro problema, porque a concesión para a explotación privada da autoestrada vai estenderse durante 22 anos máis, ata o ano 2048. É un escándalo, unha discriminación inaceptable, o dixo ben, o portavoz do Partido Popular para Galicia, porque todas as autoestradas de primeira xeración terminan o seu período concesional antes de que remate este ano 2026, mentres que a autoestrada galega seguirá con peaxes ata o ano 2048.»
Fragmento 2 de 7 de esta intervención.