29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Patricia Otero RodríguezPSOE

Diputada

«Grazas, presidenta. Bos días, señorías. Benvidas tamén as galegas que hoxe nos acompañan na tribuna. A verdade é que eu, despois de escoitar á portavoz de VOX, pois veume un pouco á cabeza ese dúo musical, Pimpinela, esa parella de namorados que parecen discutir e discutir, o Partido Popular e VOX, pero despois, como moitas parellas de namorados, chegan a un acordo e hoxe verase unha vez máis votando o Partido Popular e VOX o mesmo en contra dese acordo histórico que hoxe acordamos nesta cámara. Eu hoxe, como galega, síntome moi contenta. É un paso moi importante o que damos para Galicia e a prol da cidadanía galega. E como se dixo tamén darlle cumprimento a unha reivindicación que levamos moito tempo realizando dende Galicia e o Partido Popular parecía que estaba nesa reclamación. Por iso eu hoxe dígolles que teñen unha nova oportunidade para situarse a carón da cidadanía galega e votar a favor deste acordo, desta Lei orgánica que hoxe sometemos a votación. Hoxe é un día moi importante para Galicia. Eu pídolle ás señorías do Partido Popular, e especialmente ás señorías galegas do Partido Popular, que non fallen unha vez máis a Galicia. E a verdade é que eu hoxe, por un lado, síntome moi contenta como galega de estar aquí defendendo este acordo que foi froito do diálogo, do consenso, do entendemento entre tres forzas políticas, si, entre o Grupo Parlamentario Socialista entre o Grupo Parlamentario de SUMAR entre o Bloque Nacionalista Galego, pero un acordo, señor Puy, que foi ratificado por todos os grupos parlamentarios desta cámara, agás o Partido Popular e VOX. Vostedes non se quixeron subir a ese barco para poñer remedio a unha reclamación que saíu dende o Parlamento de Galicia. E a verdade é que por un lado síntome moi contenta. Por outro lado, teño que dicir que estou un pouco triste de que, señor Puy, a vostede lle endosaran o marrón que lle endosaron hoxe, porque eu non cría que vostede ía entrar nesa campaña de bulos, de mentiras aos que está afeito o Partido Popular. Vostede non ten ese perfil. Non se sume ao perfil que estan a dar aquí nesta cámara o Partido Popular. Vostede dicía que este acordo deturpa o acordo do Parlamento de Galicia. Vostede, coma min, sabe que non é verdade. O acordo ao que chegamos as tres forzas políticas, ratificado polo resto dos grupos representados nesta cámara, cumpre e respecta escrupulosamente o que saíu do Parlamento de Galicia. Vostede, coma min, o sabe, señor Puy, por moito que hoxe lle tocara ese marrón de vir aquí a defender outra cousa. Vostede sabe coma min que hai un artigo no que se di claramente e se especifican as responsabilidades de ámbalas administracións e dise claramente que será responsabilidade do Estado as consecuencias derivadas das decisións adoptadas mentres manteña a titularidade da autoestrada. Polo tanto, deixen de mentir unha vez máis. Levan unha campaña torpedeando este acordo en Galicia e metendo medo á cidadanía galega, algo que, por certo, se lle dá moi ben ao Partido Popular. E que hai que ter moita cara señor Puy para chegar aquí e dicir que tódalas autoestradas están deixando de ter peaxes menos a AP9. Claro, porque este goberno, este goberno non prorrogou ningunha concesión.»

Fragmento 1 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.