29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Patricia Otero RodríguezPSOE

Diputada

«E claro, agora vamos a falar de débedas históricas que ten o Partido Popular con Galicia. Miren, este goberno, este goberno, como dicía, non prorrogou ningunha concesión, pero imos a falar do Partido Popular de Galicia. Débeda histórica do Partido Popular cos galegos e coas galegas. Hai que facer un pouco de memoria. Ano 2000, Aznar prorrogou a concesión da AP9 ata o ano 2048; ano 2003, privatizouse esa concesión, por certo, no ano 2003, casualidades da vida, Feijóo era conselleiro de Infraestruturas da Xunta de Galicia e non dixo nin mú cando se privatizou esa concesión. Polo tanto, se os galegos e as galegas a día de hoxe estamos a pagar ese abuso é por unha decisión do Partido Popular do señor Aznar, co silencio cómplice do Partido Popular, de Feijóo en Galicia, métano xa nesa cabeciña. E nós, a pesar da débeda que tiña o Partido Popular, hoxe, unha vez máis, como digo, van votar en contra. Pero miren, eu quero recordar que cando chegamos ao goberno, cando Pedro Sánchez chegou á presidencia do Goberno, empezamos a desbloquear a tramitación desta lei. Pero quero recordar o que facía o Partido Popular. O Partido Popular en Galicia pedía a transferencia desta lei, pero chegaba este texto normativo aquí a esta casa, e que pasaba? E recordo habendo un presidente do Goberno galego e habendo unha presidenta do Congreso dos Deputados galegos, bloqueábase incluso a toma en consideración desta lei. Dous galegos, bloqueando aquí en Madrid, incluso a toma en consideración da Lei Orgánica da Ap9. Polo tanto, miren, nós, os socialistas, creo que no relativo a transferencia da titularidade e da xestión das competencias da AP9, temos máis que demostrado con feitos que estamos a favor. Pero miren, temos demostrado ademais que nós somos os que poñemos as solucións, porque quero recordar que se estamos a pagar estes abusos é por unha decisión do Partido Popular, pero dende que chegamos ao goberno de España, pois aí temos amosado, aí están esas bonificacións históricas nas peaxes da AP9, que chegan ata o 75 % de bonificacións e bonificacións, que quero recordar, das que se poden beneficiar familias, empresas e autónomos. Nada parecido ás bonificacións que pon a Xunta de Galicia nas autoestradas, que son da súa competencia, a AG55 e a AG57. Polo tanto, a transferencia da titularidade da AP9 que este goberno é o que pon solucións enriba da mesa. Bonificacións históricas na AP9, este goberno é o que pon solucións enriba da mesa e sempre co voto en contra do Partido Popular. Polo tanto, miren, dende logo que Feijóo vai ter que explicar moito e tamén o presidente da Xunta de Galicia, o señor Rueda, porque hoxe, unha vez máis co seu voto en contra a este acordo, sitúanse a carón do seu partido e en contra dos galegos e das galegas.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.