Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Grazas, presidenta. Boas tardes. Pois hoxe damos un paso decisivo para cumprir unha demanda, unha demanda histórica da nosa terra, de Galicia, como é a transferencia da titularidade da AP9 á Xunta de Galicia. A ver se, como di o dito, á terceira vai a vencida e o Partido Popular cambia o seu voto porque vimos como nos últimos debates o Partido Popular opoñíase á reivindicación da cidadanía galega e dáballe as costas unha vez máis. Polo tanto, hoxe é a terceira vez que o Partido Popular ten oportunidade de rectificar e de amosar se realmente quere a transferencia da AP9. Porque quero recordar que o señor Feijóo, no seu programa electoral no ano 2009 levaba tamén a transferencia da AP9 e vemos que hoxe non lle importa moito o debate da transferencia da AP9, non está aquí, bueno é a súa dobre vara de medir, o absentismo laboral non. E miren hoxe ante os votos en contra do Partido Popular, tanto en comisión como en pleno, nós diciamos tanto o señor feijóo como o señor Rueda, que terían que dar moitas explicacións de por que non querían esa transferencia da AP9. A verdade é que o señor Rueda leva varias semanas intentando xustificar o voto en contra do Partido Popular a esta transferencia. Pero a verdade é que o está a facer con manipulacións, con mentiras e enganando á cidadanía galega. Porque el, como nós ben sabe, que o reparto de responsabilidades entre ambas administracións queda recollido de forma moi clara no texto que trouxemos a esta cámara. O Estado asumirá as derivadas das decisións adoptadas antes da transferencia e a Xunta as derivadas das decisións adoptadas tras a asunción de competencias. Está moi clariño nese texto, só fai falta saber ler.»
Fragmento 1 de 8 de esta intervención.