Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Claro, pero hai que falar do Partido Popular de Galicia falar do Partido Popular de Feijóo e de Rueda e falar de transferencia de competencias é algo que non cadra moito, porque eu quero recordarlle, señorías, que Feijóo estivo trece anos como presidente da Xunta de Galicia e conqueriu cero transferencias para Galicia. O peor é que non só xa que non as conseguira que nin sequera as pedía, e o señor Rueda só unha transferencia. Polo tanto, dezasete anos de gobernos populares na Xunta de Galicia e só unha transferencia para Galicia. E miren, no tocante, se facemos un repasiño curto pola historia da AP9, pois o resultado é o que acontece tantas veces: o Partido Popular xerando problemas e o Partido Socialista poñendo solucións. Porque miren, imos falar no tocante á prórroga da concesión e das peaxes. Unha decisión do Partido Popular, Aznar prorrogou esta concesión e o Partido Popular de Galicia caladiño non se opuxo a mesma. Prorrogou no ano 2000 ata o ano 2048 e no ano 2003 privatizou esta concesión. E claro, ten que ser un goberno presidido por Pedro Sánchez ou que alivie a carga económica que o PP lle impuxo aos galegos e ás galegas. E aí están esas bonificacións históricas nas peaxes da AP9 que chegan ata o 75 % de bonificación. Eu quero lanzar aquí un recadiño ao Partido Popular de Galicia que lle diga á Xunta de Galicia que aplique as mesmas bonificacións na AG55 e na AG57 para tódolos transportistas, para tódolos autónomos e para tódalas familias, non só para as familias numerosas. Polo tanto, unha vez máis, como tantas veces, o Partido Socialista poñendo solucións aos problemas xerados polo Partido Popular.»
Fragmento 2 de 8 de esta intervención.