29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Patricia Otero RodríguezPSOE

Diputada

«E se falamos no relativo á transferencia da titularidade e xestión de competencias na AP9? De primeiro, o Partido Popular bloqueaba incluso o debate da toma en consideración desta lei orgánica. Incluso ata en tres ocasións, cando había unha presidenta do Congreso que era galega e o presidente do Goberno, que tamén era galego. E claro, tivo que ser tamén un goberno presidido por Pedro Sánchez o que desbloqueara esta toma en consideración. Despois intentaron torpedear esta lei que hoxe será unha realidade. De novo o Partido Socialista negociando, acadando e consensuando un texto con SUMAR e co Bloque Nacionalista Galego, que, por certo, foi ratificado por tódalas forzas presentes neste hemiciclo, agás o Partido Popular e VOX. Polo tanto, cal vai a ser o seguinte bloqueo do Partido Popular? Na Comisión Mixta de Transferencias, señorías do Partido Popular? Vanse negar a sentarse a falar co Estado nesa Comisión Mixta de Transferencias? Vanse a negarse a sentarse a falar, como xa o fixeron tamén con esa proposta de financiación autonómica? Por un lado, o señor Rueda dicía que se lle debían bono, pois 500 millóns de euros para financiar servizos públicos. O goberno de España ofrece de principio, sen negociación ningunha, 587 millóns de euros e o Partido Popular e o señor Rueda, nin sequera queren sentarse a falar. Esa é a hipocrisía do Partido Popular. Eu pregúntolles que van a facer, señorías do Partido Popular? Van incumprir tamén esta Lei Orgánica de Transferencia que sae deste Congreso? Van facer iso, de verdade? Porque iso é o que se desprende tanto das declaracións dos deputados do Partido Popular como do propio presidente da Xunta de Galicia. Agora que teremos un marco legal para que o Estado e a Xunta negocien as condicións de traspaso vanse a negar a negociar unha vez máis? Miren, eu recoméndolle que deixen as pataletas, que deixen de ser choromicas, que maduren e que se comporten como persoas adultas.»

Fragmento 3 de 8 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.