Patricia Otero RodríguezPSOE
Diputada
«Miren, señorías do Partido Popular, a verdade que caéuselles a careta. Vostedes dicían que pedían a transferencia, pero parece que a súa actitude que o único que buscaban e buscar unha confrontación máis co goberno de Pedro Sánchez. Porque eu quero dicirlles agora que teñen oportunidade de votar a favor desa transferencia. O que piden aquí en Galicia, agora aquí en Madrid van a dicir que non. Pero eu quero recordarlles cando lle deron ese impulso no Parlamento de Galicia a este texto -recórdoo-, foi en novembro do ano 2023 cando Feijóo non foi presidente do goberno de España porque non quixo. Nese momento foi cando o Partido Popular de Galicia lle deu pulo a ese texto no Parlamento de Galicia. Polo tanto, eu repito, agora que temos o marco legal que permite que a transferencia sexa unha realidade, compórtense á altura que a situación require algúns e algunhas e o meu grupo parlamentario ten demostrado que queres a transferencia. Temos traballado para que esa transferencia sexa unha realidade. Polo tanto, algunhas fixemos o noso traballo. Que vai facer agora a Xunta de Galicia?»
Fragmento 4 de 8 de esta intervención.