David Regades FernándezPSOE
Diputado
«Cabe lembrar a vontade esa expresada dende o Goberno de Pedro Sánchez de prorrogar esta rebaixa impositiva. A ampliación das axudas excepcionais co obxecto de compensar a perda de rendibilidade polo aumento dos custos da produción e tamén coa seca. Dez millóns para paliar os efectos da seca. O Plan Nacional de Ucraína dotado con 193 millóns. O incremento da subvención dos seguros agrarios. Os 20 céntimos por cada litro de gasóleo. As axudas de máis de 300 millóns para os fertilizantes. E, como non, o PERTE agroalimentario: 1800 millóns de euros que van ter un impacto na economía de máis de 3000 millóns. A verdade é que preguntaban pola Lei 12/2013. O Goberno de España xa está encargándose de garantir o cumprimento da Lei da cadea alimentaria cuxa reforma trouxo en decembro de 2021 a este Parlamento e os señores de Vox votaron en contra. Iso é defender a lei. Iso é garantir os dereitos do noso campo, dos nosos agricultores. En canto á idea da promoción dun plan da auga, xa sabemos que se aprobaron nestes momentos un plan hidrolóxico. Un plan hidrolóxico que xa está definido e que dura ata o 2027, para modernizar e planificar a hidroloxía, para dar respostas aos desafíos do cambio climático, como fenómenos extremos, como fenómenos das secas e como fenómenos das inundacións. Porque si, señores de Vox, estamos ante un cambio climático. Medidas que se consensuaron coa Unión Europea, medidas que serven para fomentar conxuntamente os plans de acción a nivel nacional, co obxecto de garantir a rendibilidade e a sostibilidade do sector agrario. E cando falabamos das axudas da Orde 871/2023, non se pode, como piden, aplicarse a outros sectores pola propia xestión das mesmas e pola obriga de facer eses pagos antes do 31 de xaneiro do ano 2024.»
Fragmento 2 de 5 de esta intervención.