Datos INE

29N · faltan 24 días

David Regades FernándezPSOE

Diputado

«Gracias, presidente. Grazas, presidente. Hoxe temos unha cousa clara. O sector da automoción de Galicia ten o apoio do presidente do Goberno de Pedro Sánchez, pero non ten o apoio da Xunta de Galicia do Partido Popular. O sector da automoción é estratéxico para o noso país, pola súa aportación ao Produto Interior Bruto o 8,1 %- e representando o 9 % do emprego. segundo datos da ANFAC. Señorías, España é o segundo fabricante de automóbiles de Europa. Si, o segundo fabricante de automóbiles de Europa, só por detrás de Alemaña. Unha produción de 2,2 millóns de vehículos, dos cales se exporta 80 %. É o caso de Galicia, onde a súa actividade automobilística conforma a máis de 200 empresas e xera máis de 20 000 postos de traballo, configuran o desenvolvemento do 19 % do total dos vehículos producidos en España. En Galicia fabrícase un de cada cinco vehículos que se fabrican no noso país. A actual conxuntura, a incerteza política e económica tivo unha eficaz resposta por parte da Unión Europea e por parte do Goberno de Pedro Sánchez. Por iso, en xullo do ano 2021, o Consello de Ministros, no marco dos fondos Next Generation Europe, aprobou o primeiro proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica, enfocado a fortalecer as cadeas de valor da industria, da automoción, do vehículo eléctrico. Xa suma a día de hoxe máis do 8500 millóns de euros a través de actuacións que están chegando ás distintas empresas da automoción do noso país, de Galicia. Esa cadea industrial de proxectos, de producións, de baterías, doutras medidas facilitadoras que están a permitir a penetración do vehículo electrificado e as súas infraestruturas de recarga.»

Fragmento 1 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.