Datos INE

29N · faltan 24 días

David Regades FernándezPSOE

Diputado

«O PERTE continúa o seu desenvolvemento despregando investimentos en empresas da industria da automoción e da mobilidade. Neste senso, Galicia xa está sendo beneficiada por estas medidas de transformación, de impulso, de cadea de valor do VEC, como o proxecto de Stellantis, de reciclaxe intelixente eléctrica e sostible ou os distintos programas móbiles dirixidos á compra de vehículos e tamén o despregamento das infraestruturas de recarga eléctrica. Estes investimentos do Goberno de España son determinantes para a vertebración dun territorio como o territorio galego para o crecemento da economía de Galicia. Unha aposta decidida por industrializar e transformar a mobilidade no noso país. Lamentablemente aquí non podemos contar coa Xunta de Galicia dirixida polo Partido Popular. Mantén unha inacción preocupante, nin antes co señor Feijóo, nin agora co señor Rueda, senón esa parálise que non só o dicimos nós, que o di tamén o informe do Consello Económico e Social. Non é sospeitoso o Consello Económico e Social de ser sanchista, xa que está presidido por un exalcalde do Partido Popular e ese informe di que poñen en marcha de forma inminente un plan de reindustrialización.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.