Datos INE

29N · faltan 24 días

David Regades FernándezPSOE

Diputado

«A verdade, Galicia require dunha folla de ruta para impulsar o vehículo eléctrico, consensuada co sector, que logre reforzar a súa industria e xerar un contorno competitivo e propicio para o desenvolvemento de novos proxectos como o que plantexa o Grupo Stellantis. E, se falamos do futuro e da consolidación do Grupo Stellantis e da automoción en Galicia, é fundamental a plataforma STLA Small, esa que garante o vehículo 100 % eléctrico e conectado. Pois aí só contamos co apoio do Ministerio de Transición Ecolóxica, que foi quen de comprometer esa liña de moi alta tensión para a nosa cidade, para a planta de Stellantis en Vigo. Tamén contamos co apoio do Ministerio de Industria. Non só no PERTE 1, senón agora traballando no segundo PERTE e incluso adaptando os tempos para adaptalo ás necesidades da planta de Vigo en Europa e en Bruxelas. Tamén conta co Concello de Vigo, que foi quen de adaptar a fiscalidade para axudar ao arraigo deste proxecto en Galicia, e tamén conta co apoio da Zona Franca de Vigo, que tiven a sorte de dirixir os últimos cinco anos adaptándoo á relación para ser capaces de consolidar e vincular a permanencia da planta en Vigo ao proxecto STLA Small, axudas que son equivalentes a un terceiro PERTE.»

Fragmento 3 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.