Manuel Lago PeñasSumar
Diputado
«Falábase da planta de baterías. Eu estou de acordo, pero a transición cara ao vehículo eléctrico vai moito máis alá, porque o vehículo eléctrico é un produto diferente que se fabrica de forma diferente. Moitos compoñentes actuais van desaparecer e serán substituídos por outros novos. Vanse destruír empregos actualmente existentes e crearanse outros, producíndose un cambio de profesións con cualificacións máis altas e con máis complexidade. Necesitamos formación, unha infraestrutura para o coñecemento que non se pode improvisar, que ten que ser o resultado de anos de traballo e, polo tanto, é moi preocupante a inacción da Xunta de Galicia neste ámbito que é da súa competencia exclusiva. Vou dicilo: é unha irresponsabilidade que pon en perigo miles e miles de postos de traballo. Remato. Remato. Sumar Galicia presentou unha emenda á PNL do Grupo Socialista cunha idea: necesitamos unha transición socialmente xusta, isto é: que os traballadores e as traballadoras da industria do automóbil de Stellantis en Vigo, pero en todo o Estado, manteñan os seus postos de traballo e manteñan tamén as condicións laborais que conquistaron con tantos anos de loita sindical.»
Fragmento 2 de 4 de esta intervención.