Modesto Pose MesuraPSOE
Diputado
«Señoría, presidenta, prometérame. Bueno, levamos unha tarde francamente intensa e xa vou subir relaxado porque convén relaxar un pouco o ambiente pero, se son sincero, dubido que o vaia conseguir, porque, non é nada persoal, señoras de VOX, pero... é político, e hai ideas e hai posicións que hai que combater. E eu son unha persoa pacifista, pero a intransixencia só se combate con intransixencia. É a única maneira de ser intransixente contra a intransixencia porque non se pode... en fin, estamos nunha etapa que se manipulan datos, que se manipulan ideas. Metidos na moción, por non me saír do guión. Vostede, nesta moción, non era de ELA. Non era da enfermidade da esclerose lateral amiotrófica. Era unha moción xeral sobre temas sanitarios; por certo, algún bastante ben planteado; incluso eu estaba pensando: pois estes de VOX estanse moderando, están cunha linguaxe técnico-sanitaria aceptable... Ah, pero tiña un pequeno problema, pequeno: todo o que estaban dicindo, francamente, xa estaba feito. Algunhas cousas hai moito tempo xa, hai moito tempo, porque claro que temos unha carteira de servizos comúns de prestacións comúns do sistema sanitario. Reclamen o que queiran pero é unha carteira que está posta, pois, en fin, case desde o ano 86, da Lei Xeral de Sanidade. Un pouco máis adiante. En fin. Claro que temos tarxeta sanitaria única para todo o país.»
Fragmento 1 de 7 de esta intervención.