Datos INE

29N · faltan 24 días

Modesto Pose MesuraPSOE

Diputado

«Por certo, temos unha diferenza co ELA. Vostedes están coa lei, unha lei para a esclerose lateral amiotrófica e nós estamos valorando porque enfermidades como ela non hai moitas, pero hai algunha, e hai situacións dos enfermos segundo o estadio da enfermidade que acaban dunha maneira ou doutra e algúns coa mesma gravidade, e non é cuestión de facer unha lei para cada patoloxía concreta: é cuestión de ter os coidados necesarios, que moitos deles, como xa lles dixeron aquí, están nas comunidades autónomas. Pero a intención desta moción é... a min só se me ocorre un adxectivo: delirante, delirante. Fanse unhas suposicións de que isto está fatal, isto está fatal, fan un diagnóstico. Utilizan unhas estatísticas da OCDE, malinterpretadas e manipuladas e España está moi mal. Non está moi mal. Os informes da OCDE e os informes da Unión Europea dan ao Estado español como un dos mellores desde o punto de vista sanitario do mundo, do mundo e, desde logo, de Europa en case todos os ítems importantes está nos primeiros postos.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.