Datos INE

29N · faltan 25 días

Modesto Pose MesuraPSOE

Diputado

«Así que están equivocados e ademais non saben interpretar os datos. Encontraron unha cousa que, como vén por cores, e vostedes ven a cor vermella e a cor verde. Gústalles máis o verde, gústalles o verde porque é a cor do seu partido, e entón escollen o verde. E que mal estamos. Porque a prevalencia da diabetes aumentou. Pois claro que aumentou e tampouco pasa nada porque, entre outras cousas, seguramente que significa que os diabéticos prolongan a vida media e a esperanza de vida, que é o que está alta e, polo tanto, é un dos mellores países, e chegan á conclusión vostedes, despois de analizar aí unha serie de datos falsos, chegan á conclusión de que un desastre todo isto e, entón, fan a seguinte análise, que isto é francamente de nota. Como todo isto está en tan mala situación, esta cualifícana de ominosa, e entón din que é por culpa de tres cousas: polas autonomías, bótanlle a culpa ás autonomías. É moi de agradecer ese esforzo que fan vostedes pola cohesión territorial, que a nós nos parece ben, aos socialistas; a ver cando se preocupan un pouco tamén da cohesión social, non só da territorial, da social. Bótanlle a culpa tamén aos inmigrantes, que iso é cada vez que pasan e que lle vén a conto pasar por xunto dos inmigrantes, a culpa deles. E bótanlle a culpa tamén así, dunha maneira soslayada, á igualdade e ás mulleres.»

Fragmento 3 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.