29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Verónica Martínez BarberoSumar

Diputada

«Tamén pedimos dende Sumar Galicia ao Goberno central unha maior mobilización de medios, unha maior coordinación, e falamos co comisario de Medio Ambiente para que a Comisión Europea se comprometese a colaborar nos labores de restauración do territorio. E tamén trasladamos daquela dúas cousas que hoxe eu reitero. Unha: cremos que esta crise puxo de relevo a urxencia de impulsar a declaración de produtos e residuos contaminantes como mercadorías perigosas e que sexan tratados como tales os transportes marítimos. Ademais, entendemos que, dende as Administracións, debemos traballar nunha estratexia de prevención para evitar que unha vertedura destas características volva chegar ás nosas costas e tamén para garantir que as empresas responsables das neglixencias cometidas fagan fronte a todos os danos causados. Todo iso fixémolo e impulsámolo dende Sumar Galicia. O que non fixemos señoría de Vox, foi sumarnos a ningunha querela. Por favor, sexamos veraces, sexamos veraces co que dicimos nesta cámara. E namentres o PP de Galicia non facía nada. Afortunadamente, fronte á súa inacción, fronte á súa inutilidade, a sociedade galega demostrou unha vez máis que ama o seu país moito máis que o PP. Por iso, non dubidaron nin un segundo en sacrificar o seu tempo para organizar encontros masivos e limpar todas as praias afectadas pola vertedura. Dende Sumar Galicia, non podemos sentirnos máis orgullosas do compromiso que amosou o pobo galego, pero tamén lles digo que resulta bochornoso que os cidadáns e as cidadás teñan que deixar nun segundo plano o seu día a día para facer o que é o seu traballo, señorías do PP, como partido á fronte do Goberno de Galicia, por pouco tempo, por sorte.»

Fragmento 3 de 9 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.