Datos INE

29N · faltan 25 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«A AP-9 iniciou a súa actividade en 1973. Tiña 39 anos de concesión. Remataba a concesión no ano 2012. Xa fai 12 anos que esa autoestrada tiña que ser pública e gratuíta. Por que non o é? Porque diferentes Gobernos ampliaron o período concesional. A última, a máis grave, foi perpetrada en 2023 polo Goberno presidido por Aznar, que prolongou a concesión da autoestrada 25 anos. É a historia dun espolio interminable. 75 anos de explotación privada da principal vía de articulación do meu país. En segundo lugar, as peaxes que cobra a autoestrada do Atlántico están entre as máis caras de España. Ten que ver con que os prezos das autoestradas están regulados, pero ten que ver tamén con que a empresa concesionaria foi quen de negociar un incremento adicional das peaxes durante vinte anos que explica que as peaxes de Galicia sexan máis caras que as do resto do Estado. En síntese: a empresa que explota a AP-9 foi quen de prolongar a concesión ata os 75 anos, que é o máximo, non é máis porque este é o máximo prazo legal posible, e de blindar incrementos abusivos das peaxes durante 20 anos máis.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.