29N · generales · dom 29 novfaltan 26 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«Vou dar unha cifra que reflicte cal é o espolio que paga o pobo galego, unha cifra que está nas contas anuais de Audasa, pódese ler. Audasa estima que ata o ano 2048 vai cobrar por peaxes en Galicia 9561 millóns de euros. Non me trabuquei como o señor Pazos na cifra. Son 10 000 millóns de euros en peaxes, que supoñen unha enorme transferencia de rendas da cidadanía ós petos dunha empresa privada propiedade, á súa vez, de fondos de investimento. Falouse nas intervencións anteriores de que hai bonificacións nas peaxes. Si, e iso para min fai aínda máis complicado explicar estas cifras, porque o Goberno de España no Real Decreto 681/2021 bonifica as peaxes, é certo, pero iso ten un custo, vou dicir a cifra, de 2300 millóns de euros, isto é, pagamos con impostos 2300 millóns de euros dirixidos a unha empresa privada propiedade de fondos de investimento. É un negocio redondo. Se bonifican as peaxes, hai máis tráfico, pero como o Estado paga a diferenza, a empresa cada vez gaña máis cartos.»

Fragmento 3 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.