Datos INE

29N · faltan 24 días

Manuel Lago PeñasSumar

Diputado

«Aínda máis, ademais dos 2300 millóns de euros da última bonificación, o Estado ten comprometidos outros mil millóns de euros para pagarlle á empresa concesionaria. Polo tanto, imos pagar con cartos públicos 3400 millóns de euros a unha empresa privada que explota a principal vía de articulación terrestre de Galicia. Iso é un escándalo inaceptable. É un negocio privado soportado por recursos públicos. E remato. Galicia non pode ser a única comunidade autónoma do Estado que siga pagando peaxes en 2048. Non podemos aceptar os galegos pagar 9000 millóns de euros máis a unha empresa privada propiedade de fondos de investimento estranxeiros. Non pode ser que o Estado financie con 3400 millóns de euros os beneficios dunha empresa privada. Por iso, a proposta de SUMAR é recuperar a AP-9 para o público, digo recuperar porque esta empresa xa foi pública ata que a privatizou Aznar, recuperala para o público e transferirlle á Xunta de Galicia a súa competencia para que faga unha explotación e a xestione en beneficio da cidadanía e da economía de Galicia. Moitas grazas.»

Fragmento 4 de 7 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.