Datos INE

29N · faltan 24 días

Obdulia Taboadela ÁlvarezPSOE

Diputada

«Señor Rego, di vostede que lle arrincou non sei que bonos nos prezos da AP-9 ó Goberno. Mágoa que despois se esqueceu do máis importante, que era aprobar os Orzamentos Xerais do Estado onde ían incluídas esas bonificacións. Señorías do PP, máis do mesmo: exixen bonificacións, pero votan en contra da lei que as fixo posibles. Outra vaca no millo. As autoestradas non teñen ideoloxía, pero si a ten a política de infraestruturas. Non é o mesmo privatizar e ampliar os anos de concesión que bonificar as peaxes e financiar a gratuidade dalgúns tramos. Non é o mesmo porque os beneficiados dunhas e doutras políticas non son os mesmos. Este Goberno defende as galegas e galegos. Os anteriores Gobernos do Partido Popular pensaron máis na conta dos resultados da concesionaria. Así de clariño. Así que, señorías do PP, leccións ningunhas. Tamén nos alegramos moito de que todos agora pensemos que as infraestruturas non son unha fenda, senón un elemento de desenvolvemento e cohesión. Tamén me gustaría ver a mesma opinión con outras políticas determinantes para o futuro de Galicia, como a política enerxética ou a política industrial.»

Fragmento 3 de 5 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.