Datos INE

29N · faltan 24 días

María Montserrat García ChavarríaPSOE

Diputada

«Moitas grazas, presidenta. Boa tarde, señorías. Volvemos falar hoxe sobre esta autoestrada que é vertebradora do noso territorio e que conecta Ferrol case coa fronteira portuguesa, unha vía que favoreceu e segue a fomentar o desenvolvemento económico do territorio galego, a pesar dos seus controvertidos inicios, cualificados naqueles primeiros momentos por algún grupo político galego como unha navallada á terra nunha clara alusión á fenda territorial que eles entendían que nese momento suporía para a sociedade galega. Benvidos ó recoñecemento do progreso que finalmente supuxo a AP-9, señor Rego. Fai apenas unhas horas acabamos de dar vía libre ó debate sobre a transferencia desta autoestrada e, polo tanto, creo que xa non deberiamos estar a debater sobre esta moción, pero, xa que estamos, permítanme facer un pouquiño de memoria sobre ela. A historia da AP-9, como ben saben, deu comezo aló polo ano 1973 e, como moi ben explicaba o ministro Puente, o desenvolvemento desta infraestrutura non foi nada fácil. Moitos atrancos e atrasos nas obras, contestación social no territorio, etc., que fixeron que tiveramos que esperar trinta anos. Trinta anos, señorías, de espera para que se completaran por fin os 218,9 quilómetros que, como digo, vertebran, o noso territorio.»

Fragmento 1 de 6 de esta intervención.

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.