María Montserrat García ChavarríaPSOE
Diputada
«Pero, lamentablemente, os bos momentos duraron pouco, porque foi xa no ano 2000 cando un Goberno no Partido Popular co señor Aznar á fronte e, lembremos, tamén Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, modificou a concesión da AP-9 que debería ter vencido xa o 18 de agosto do pasado ano 2023 e prorrogouna ata o ano 2048, estendendo así a carga das peaxes 25 anos máis para todos os galegos e galegas. A todo isto, o Partido Popular da Xunta de Galicia fixo todo pola calada. E aínda por riba, salientar ademais que no ano 2003, só tres anos despois da prórroga desta concesión, o Partido Popular privatizou a concesionaria, condicionando así as decisións de Gobernos posteriores e sometendo unha vez máis os galegos e as galegas a maiores cargas financeiras. E adiviñan vostedes o que fixo o Partido Popular da Xunta de Galicia ó que, por certo, xa pertencía tamén o señor Feijóo? Pois, efectivamente, volveu actuar pola calada. E tivo que chegar un Goberno socialista, esta vez encabezado por Pedro Sánchez, que, consciente da necesidade de abordar tal desequilibrio territorial, no ano 2021 aprobou un esquema de redución das peaxes sen precedentes, a maior rebaixa na historia da AP-9, destinando 55 millóns de euros cada ano en bonificacións que suporán 2300 millóns de euros ata o fin da concesión no ano 2048. En total, señorías, dende o ano 2021 ata marzo deste mesmo 2024 xa supuxo un aforro de 115 millóns de euros para os usuarios. E debo engadir que, dende xaneiro de 2023, tamén se aplicou unha subvención para evitar a suba das tarifas, que elevou ese aforro en 11,2 millóns de euros.»
Fragmento 2 de 6 de esta intervención.