María Montserrat García ChavarríaPSOE
Diputada
«Como moi ben coñece o señor Rego, no marco do acordo de lexislatura PSOE-BNG está comprometida a ampliación das bonificacións para a que xa se comprometeron 21,6 millóns de euros adicionais nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2024, que elevan ata os 76 millóns de euros este orzamento e, aínda estando prorrogadas, é intención do Goberno que estas novas reducións das peaxes entren en vigor neste mesmo ano. Miren, levamos moitos anos os e as socialistas galegas traballando para acabar con esta desigualdade territorial inxustamente imposta polo Partido Popular e estas bonificacións nas peaxes aplicadas tanto na AP-9 como na AP-53 son boa proba dese esforzo e dese compromiso socialista e, como digo, sobre todo dese esforzo levado a cabo polo Goberno do Estado, empeñado como está en reverter esta inxustiza herdada. Miren, nesa liña imos continuar, señorías. E agardamos que tamén o Partido Popular se deixe de 'consellos vendo que para min non teño' e tome boa nota deste noso proceder e asuma eses mesmos criterios de xustiza tamén para as autoestradas AG-55 e AG-57, que son competencia directa da Xunta de Galicia e nas que se están a aplicar peaxes abusivas e lesivas para os petos dos nosos veciños e veciñas da zona da Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor. Nada máis e moitas grazas.»
Fragmento 3 de 6 de esta intervención.