Archivo
Lo que han publicado en X las 7 formaciones y sus portavoces desde el 6 oct 2026 (sin retuits), y lo que han dicho en el Pleno y la Diputación Permanente del Congreso desde el 17 ago 2023.
275 declaraciones · página 10 de 10
-
Verónica Barbero · Sumar ·
Congreso · PlenoMoción consecuencia de interpelación urgente relativa a la aplicación de coeficientes reductores para la...
«Señor Rego, ¿el BNG sabe que el aglomerado de cuarzo incorpora hasta un 95 % de sílice cristalino? La silicosis es una enfermedad muy difícil de diagnosticar, precisamente porque pasan muchos años de trabajo en el puesto con exposición a este material hasta que debuta la enfermedad, pero esto no es así con los aglomerados de cuarzo. Muere gente joven en España, en Europa y en el mundo por la exposición a aglomerados de cuarzo. Desde el respeto, de verdad se lo digo, me parece una gran falta de perspectiva y una desconsideración enorme traer a esta Cámara un debate sobre la silicosis y no hablar de los aglomerados de cuarzo. Yo soy de SUMAR Galicia y me preocupan las cosas que pasan fuera de las fronteras de Galicia; me preocupa lo que está pasando con el puerto de Valencia, con su ampliación; me preocupa la biosfera de Valencia. Soy de SUMAR Galicia y por supuesto que me preocupa la salud de los orensanos expuestos al sílice de la pizarra, los vigueses, trabajadores del aglomerado de cuarzo y también las personas trabajadoras de Chiclana, de Montemayor, de Bilbao o de Almazora, que están expuestas a Silestone. Por eso, espero que ustedes apoyen en sus iniciativas las dirigidas a debatir en esta Cámara sobre el aglomerado de cuarzo, debate que ya le adelanto que no habla de la incapacidad permanente, porque nosotros no queremos cambiar salud por dinero ni por exclusión de las personas del mercado de trabajo.»
-
Verónica Barbero · Sumar ·
Congreso · PlenoMoción consecuencia de interpelación urgente relativa a la aplicación de coeficientes reductores para la...
«Fáltanos moito por facer, porque temos un problema co sector público que xa deixou ben feito, ou desfeito, máis ben, o señor Feijóo, e que o mantén o señor Rueda. Acabo: hoxe dicimos que si á súa moción, que é insuficiente. Facémolo por coherencia, porque no meu grupo plurinacional, en Sumar, en Sumar Galicia, si que temos claro para quen gobernamos e para quen queremos gobernar. Agardo que vostedes nesta lexislatura superen os erros do pasado e estean, por fin, inequivocamente, do lado das persoas traballadoras. Buenas tardes. Señor Rego, su moción tiene dos defectos importantes: por una parte, tiene graves problemas de contenido técnico. La silicosis es una enfermedad profesional dentro de las actividades de las que habla su moción y otras, porque esto depende del cuadro de enfermedades profesionales. Una cuestión diferente es que la silicosis de primer grado no determina automáticamente la concesión de una incapacidad permanente como sí lo hacen las de segundo y tercer grado, y que eso derive, en muchos casos, en el despido de la persona trabajadora por causas objetivas, y esto a mi grupo no le parece justo. Además, ustedes hablan de que los convenios colectivos determinan los coeficientes reductores y esto no es así, no es un contenido posible para estos convenios, según lo que dice el artículo 85.1, no habla del carácter asistencial, aunque las pueda seguir regulando. Pero estas cuestiones de carácter asistencial son mejoras voluntarias por parte de la Seguridad Social y... acceso a las prestaciones y pensiones, que es lo que son los coeficientes reductores y que se regulan para su concesión, como saben bien, por el Real Decreto 1708/2011, de 18 de noviembre, un procedimiento en el que se incorpora según la Inspección de Trabajo y las organizaciones sindicales y empresariales más representativas. Además de esos problemas que seguramente consideran menores, aunque me parece que tenemos que ser muy pulcros con las cuestiones técnicas que traemos a esta Cámara, su moción resulta insuficiente.»
-
Verónica Barbero · Sumar ·
Congreso · PlenoMoción consecuencia de interpelación urgente relativa a la aplicación de coeficientes reductores para la...
«Por iso, aspiro a que vostedes apoien nas nosas futuras iniciativas dirixidas a debater nesta Cámara sobre o aglomerado de cuarzo, debate que xa lle adianto que non vai falar de incapacidade permanente porque a verdade é que nós non queremos cambiar saúde por cartos nin por expulsión das persoas do mercado de traballo. Imos apoiar a súa moción, aínda que sexa pouco correcta, nalgúns dos seus argumentos e insuficiente para a clase traballadora porque somos coherentes, pero non sen pregarlle ao BNG, señor Rego, que nesta lexislatura antepoñan os intereses da clase traballadora aos seus intereses partidistas. E sei ben o que digo, porque a mesma clase traballadora que vostede di defender nesta moción viuse beneficiada por un montón de medidas do anterior Goberno progresista de coalición que vostedes non apoiaron. Non apoiaron aos ERTE, que salvaron os postos de traballo de 3 600 000 persoas traballadoras. Non apoiaron a Lei Rider que, por primeira vez en 35 anos de historia da democracia, colleu uns traballadores e traballadoras que estaban fóra do Estatuto dos traballadores, falsos autónomos, e os meteu dentro. Isto por primeira vez, porque o que vivimos aquí foron a expulsión dos transportistas e a expulsión dos TRADE. E Europa basea a súa directiva de plataformas e algoritmos na nosa lei, pero vostedes non apoiaron, e que dicir da reforma laboral: votaron que non a unha reforma laboral que en Galicia xa conseguiu situarnos en termos de contratación temporal europea, co 14,2 %.»
-
Verónica Barbero · Sumar ·
Congreso · PlenoMoción consecuencia de interpelación urgente relativa a la aplicación de coeficientes reductores para la...
«Pero alén destes dous problemas, que seguramente consideran menores, pese a que a min me parece que temos que ser moi pulcras coas cuestións técnicas que traemos a esta Cámara, a súa moción resulta insuficiente. Sabe o BNG, sabe a súa organización política, señor Rego, que o aglomerado de cuarzo incorpora ata un 95 % de sílice cristalina? A silicose é unha enfermidade moi difícil de diagnosticar precisamente porque pasan moitos anos de traballo da persoa traballadora no posto con exposición a este material ata que debuta a enfermidade. Pero isto non é así cos aglomerados de cuarzo. Morre xente nova en España, en Europa, e no mundo pola exposición a aglomerados de cuarzo. A min paréceme, desde o respecto de verdade o digo, dunha gran falta de perspectiva e dunha desconsideración enorme traer a esta Cámara un debate sobre a silicose e non falar de aglomerados de cuarzo. Eu son Sumar Galicia, señor Rego, pero min preocúpanme as cosas que pasan fóra das fronteiras de Galicia, preocúpame o que está a pasar co porto de Valencia, coa súa ampliación, preocúpame a albufeira de Valencia. Son Sumar Galicia, e por suposto que me preocupa moito a saúde das ourensás e os ourensáns expostos á sílice da lousa, a dos vigueses e viguesas traballadores do aglomerado de cuarzo, pero tamén as das persoas traballadoras de Chiclana, de Montemayor, de Bilbao ou Almanzor a que están expostas a Silestone.»
-
Verónica Barbero · Sumar ·
Congreso · PlenoMoción consecuencia de interpelación urgente relativa a la aplicación de coeficientes reductores para la...
«Boas tardes. Señor Rego, a súa moción ten dous defectos importantes. Por unha banda, ten graves problemas de contido técnico. A silicose é unha enfermidade profesional en todas as actividades das que fala a súa moción, en tantas outras, porque iso depende do cadro de enfermidades profesionais. Cuestión diferente é que a silicose de primeiro grao non determina automaticamente a concesión dunha incapacidade permanente, como si o fan as de segundo e terceiro grao, e que isto derive, en moitísimos casos, no despedimento da persoa traballadora por causas obxectivas. E isto ao meu grupo non lle parece xusto. Ademais, vostedes falan de que os convenios colectivos determinan coeficientes redutores e isto non é así, porque ese non é un contido posible para os convenios colectivos conforme ao que di o 85.1 do Estatuto dos Traballadores, que si que é verdade que mudou a súa letra. Agora, xa non fala das cuestións de carácter asistencial, aínda que sabemos que as pode seguir regulando pero estas cuestións de carácter asistencial son melloras voluntarias á Acción Protectora de Seguridade Social e non condicións de acceso ás prestacións e pensións, que é o que son os coeficientes redutores e que se regulan para a súa concesión, xa o saben ben, polo Real decreto 1698/2011 do 18 de novembro, procedemento no que se incorporan informes da Inspección de Traballo do Instituto Nacional de Seguridades do Traballo e das Organizacións Sindicais Empresariais máis Representativas.»