Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Pero alén destes dous problemas, que seguramente consideran menores, pese a que a min me parece que temos que ser moi pulcras coas cuestións técnicas que traemos a esta Cámara, a súa moción resulta insuficiente. Sabe o BNG, sabe a súa organización política, señor Rego, que o aglomerado de cuarzo incorpora ata un 95 % de sílice cristalina? A silicose é unha enfermidade moi difícil de diagnosticar precisamente porque pasan moitos anos de traballo da persoa traballadora no posto con exposición a este material ata que debuta a enfermidade. Pero isto non é así cos aglomerados de cuarzo. Morre xente nova en España, en Europa, e no mundo pola exposición a aglomerados de cuarzo. A min paréceme, desde o respecto de verdade o digo, dunha gran falta de perspectiva e dunha desconsideración enorme traer a esta Cámara un debate sobre a silicose e non falar de aglomerados de cuarzo. Eu son Sumar Galicia, señor Rego, pero min preocúpanme as cosas que pasan fóra das fronteiras de Galicia, preocúpame o que está a pasar co porto de Valencia, coa súa ampliación, preocúpame a albufeira de Valencia. Son Sumar Galicia, e por suposto que me preocupa moito a saúde das ourensás e os ourensáns expostos á sílice da lousa, a dos vigueses e viguesas traballadores do aglomerado de cuarzo, pero tamén as das persoas traballadoras de Chiclana, de Montemayor, de Bilbao ou Almanzor a que están expostas a Silestone.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.