Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«A Comisión Europea afirma ademais que o goberno do PP, do señor José María Aznar, xa estaba a planear a venda da concesionaria oito meses antes de aprobar a prórroga da concesión da AP-9 e baséase en dous indicios: o primeiro, o informe de actividade do Consello Consultivo de Privatizacións do ano 2003, na páxina noventa e oito, segundo o cal o procedemento de venda pública de Enausa comezou o 27 de maio de 1999, oito meses antes da ampliación da prórroga mediante unha licitación destinada a contratar un asesor financeiro para estudar as alternativas á venda da sociedade e un segundo indicio, un intercambio de notas entre o Ministerio de Facenda e o Ministerio de Fomento de xullo de 1999 que demostran que ambos os dous ministerios xa estaban a manter entón conversacións con vistas á venda. O procedemento seguido para a venda foi áxil, foi rápido. En 2001, todas as accións de Enausa, pasaron a estar baixo control da SEPI. En 2002, a SEPI aprobou o prego de condicións para a venda de accións de Enausa e enviou unha carta informativa a cincuenta e dous destinatarios que manifestaban o seu interese na privatización e o 28 de maio de 2003 rematouse. Rematouse todo o plan. A SEPI decidiu vender as accións a un consorcio liderado pola empresa Española SACYR e composto por varias entidades financeiras españolas.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.