Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«En resumo, entre os anos 1999 e 2003, o goberno do PP, segundo o que era, de acordo co que insinúa ou se deduce do informe da Comisión Europea, un plan de conxunto, saltouse toda a normativa vixente en materia de publicidade, igualdade e transparencia no ámbito dos bens de propiedade pública para colocar unha autoestrada, daquela pública, en mans dunhas empresas privadas e enriquecer as devanditas empresas durante vinte e cinco anos a conta do peto dos cidadáns en forma de peaxes. Coa cociente actual de beneficios sobre ingresos, Audasa vaise embolsar cinco mil millóns de euros de beneficio coas peaxes. O valor da compañía está, segundo o estudo da Universidade da Coruña, en 904 millóns. Nós en SUMAR, calculámoslle menos valor de 800 millóns, pero en calquera caso é evidente que a concesión é un negocio moi rendible para a empresa privada Audasa e o rescate parece que tería un valor moi inferior. O goberno do PP actuou fóra de toda legalidade. Unha vez máis, corrupción, ilegalidade de maneira moi evidente, non nos sorprenden, pero que fixeron o resto de organizacións políticas que gobernaron Galicia e España desde entón? Acordar e aprobar bonificacións. Deste xeito, destes cinco mil millóns de euros de beneficios que se calcula que vai obter unha empresa privada, porque así o decidiu o señor Aznar, unha parte asúmena as persoas que transitan pola AP-9 a título individual, pero, outra, nada menos que tres mil catrocentos millóns, ímosllos pagar a Audasa en bonificacións directamente desde os orzamentos das Administracións públicas.»

Fragmento 3 de 7 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.