Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Señorías do PP, nesta PNL piden a titularidade da AP-9 para Galicia e manifestan que as peaxes son moi elevadas. Non vou negalo, pero si vou invitalos a facer memoria. A AP-9 naceu cunha concesión privada que remataba no ano 2012 e foron sobre todo as prórrogas aprobadas polo señor Aznar no 2003 as que situaron o final da concesión no 2048. O Estado vai pagar 2300 millóns de euros ata 2048 a unha empresa, a empresa propietaria da AP-9, para financiar as bonificacións que defenden na súa PNL. O valor real da AP-9 está por debaixo desa cifra. Isto supón un enriquecemento abusivo e inxusto dunha empresa ao cargo do orzamento público. Esta é a súa política, a de enriquecer as elites e deixar de lado o resto da poboación. O que defendemos dende Sumar Galicia é transformar a subvención en investimento, recuperando para o sector público a AP-9 libre de peaxes e transferir a súa xestión ao Goberno galego. Máis aló diso, piden a titularidade dunha autoestrada para facer o que? O que fixeron con todos os servizos públicos de competencia autonómica? Teñen a faciana de vir eiquí e falar do público despois de privatizar toda a sanidade pública da provincia de Pontevedra, de desmantelar a atención primaria en Galicia ou de devolver ao Estado 1540 millóns de euros en políticas de emprego sen gastalos nas galegas e galegos entre 2009 e 2020?»

Fragmento 1 de 7 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.